Consello Regulador de Augardentes e licores tradicionais de Galicia. Os únicos con espírito galego
Qué es
Elaboración
Empresas
Marcas
Cata
Recetas
Novedades
Contacto
Indicación Xeográfica. Augardente de Galicia
Indicación Xeográfica. Augardente de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor Café

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural

Ministerio de Medioambiente y Medio Rural y Marino


FEADER: Europa inviste no rural

SEMI-FRIO DE ORUXO CON CREMA DE MORAS E TELLA DE CHOCOLATE

Ingredientes

Ingredientes para 6 Racións
? SEMIFRIO :
500 ml de nata , materia grasa 35 %
300 ml de leite
50 ml de Augardente de orujo de Galicia
150 gr de azúcre
10 gr de xelatina/ 5 colas de xelatina
150 gr azúcre
Aromas ao gusto (zeste de limón)

? Crema de moras :
500 ml de nata, materia grasa 12,5 %
200 gr de moras
100 gr de azúcre

? Caramelo
100 gr
Unhas gotas de limón

? Tella de chocolate:
100 gr de chocolate ó 75%

Preparación

Elaboración:
? Semifrío
1.Poñemos a ferver a nata, o leite, o azucre e mais os aromas nun cazo.
2.Mentras tanto hidratamos a xelatina nun bol con auga moi fría.
3.Cando rompa a ferver, vertemos o orujo no leite. Removemos a mezcla e colámola por un chino.
4.A continuación engadimos a xelatina escurrida á mezcla e batimos.
5.Por outra parte facemos o caramelo e botámosllo o fondo dos aros, que estarán previamente forrados no seu interior con acetato e polo seu exterior con papel aluminio.
6.Vertemos a mezcla de lácteos nos aros e introducimolos no refrixerador durante 4 horas, para que a xelatina actúe e calle a preparación.
? Crema lixeira de moras:
1.Limpamos as moras.
2.Agregamos ás moras ,o azucre e a nata.
3.Trituramos as moras ca nata e o azucre.
4.Quentamos a mezcla durante 5 minutos.
5.Colamos por un chino e introducímolo no refrixerador.
? Tella de chocolate:
1.Atemperamos o chocolate.
2. Cando estea a 30º o chocolate, cargamos un cartucho.
3. Facemos líñas en horizontal e vertical simulando una reixa sobre un papel sulfitado.
4. Esperamos uns minutos a que o chocolate cristalice.

Presentación:
Colocamos o semifrío no centro do prato e a continuación vertemos a crema ao redor do semifrío. Decoramos coa tella e cunha mora enriba do semifrío.

Pazo de Quián , s/nº - Sergude 15881 Boqueixón - A Coruña. Tel: +34 981 511 566 - Fax: +34 981 511 934