Consello Regulador de Augardentes e licores tradicionais de Galicia. Os únicos con espírito galego
Qué es
Elaboración
Empresas
Marcas
Cata
Recetas
Novedades
Contacto
Indicación Xeográfica. Augardente de Galicia
Indicación Xeográfica. Augardente de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor Café

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural

Ministerio de Medioambiente y Medio Rural y Marino


FEADER: Europa inviste no rural

Espeteira de lombo de cordeiro con vinagreta de licor café de Galicia

Ingredientes

Ingredientes:
Lombo de cordeiro, xudías verdes, brécol, cabaciña, piñóns, améndoas, pistachos, aceite de oliva, licor café, pemento doce, sal Maldon.

Preparación

Preelaboración:
Desósase o lombo do cordeiro, enrólase a falda sobre o lombo e faise a espeteira.
As xudías e a cabaciña córtanse en bastóns e o brécol en ramos, escáldanse en auga fervendo con sal e refréscanse.
Os froitos secos tórranse no forno,mestúranse có aceite e perfúmase có licor café.
En aceite dórase o allo déixase arrufiar un pouco e engádese o pemento doce, déixase repousar e decántase.

Elaboración:
A espeteira cocíñase cun pouco de aceite e a verduras saltéanse.

Presentación:
Colócase no prato a espeteira sazonada có sal Maldon, rociada có mollo de licor café e acompañada das verduras có aceite de pemento.

Pazo de Quián , s/nº - Sergude 15881 Boqueixón - A Coruña. Tel: +34 981 511 566 - Fax: +34 981 511 934