Consello Regulador de Augardentes e licores tradicionais de Galicia. Os únicos con espírito galego
Qué es
Elaboración
Empresas
Marcas
Cata
Recetas
Novedades
Contacto
Indicación Xeográfica. Augardente de Galicia
Indicación Xeográfica. Augardente de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor de Herbas
Indicación Xeográfica. Licor Café

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural

Ministerio de Medioambiente y Medio Rural y Marino


FEADER: Europa inviste no rural

<< Volver a Novedades
12/04/2016 `MARIDAXE DOS SENTIDOS´ COA REPOSTERÍA TRADICIONAL DE MELIDE E OS AUGARDENTES E LICORES DE GALICIA NO MERCADO DE ABASTOS DE SANTIAGO

A Asociación da Repostería Tradicional de Melide (Melide Terra Doce) celebrará esta semana dúas xornadas de Maridaxe dos sentidos no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Con estas accións, dase o pistoletazo de saída aos actos da XXV Festa do Melindre de Melide, que se celebrará os próximos 7 e 8 de maio.

A primeira das xornadas terá lugar o venres 15 de abril a partires das 12.00 horas na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, baixo o epígrafe Maridaxe dos Sentidos. Repostaría Tradicional de Melide e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na coctelería. Segundo indica o presidente da Asociación da Repostería Tradicional de Melide, Alberto Rodríguez, ``nesta sesión conxugaranse os melindres, ricos e amendoados con cócteis do barman Ángel Camiña e elaborados con algún dos produtos amparados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia´´.

Esta actividade conta cun total de 40 prazas. Os interesados participar nesta actividade deben remitir un e-mail coa confirmación de asistencia a festadomelindre@gmail.com ou chamar ao teléfono 636 193 575.

Dende o Consello Regulador, que colabora nesta iniciativa, ofreceranse detalles -da man da integrante do panel de cata e embaixadora do Melindre, Sonia Otero- sobre os produtos amparados e utilizados nos distintos cócteis. Mentras, o barman Ángel Camiña, do Casino La Toja, elaborará ante todos os asistentes as distintas propostas para maridar cos produtos da repostería tradicional de Melide.

Unha acción moi parecida, e que contou con grande éxito, tivo lugar no pasado mes de novembro durante as III Xornadas de Degustación e Maridaxe organizadas polo Consello Regulador en Cambados. ``Agardamos que esta nova colaboración resulte de interese para composteláns e visitantes´´, concretan dende o CRIIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Degustación popular

A segunda das xornadas organizadas pola Asociación da Repostería Tradicional de Melide desenvolverase o sábado 16 de abril ás 11.30 horas na praza central do Mercado de Abastos compostelán. Co título Maridaxe dos Sentidos. Degusta a Repostaría Tradicional de Melide, os produtores membros da Asociación Melide Terra Doce ofrecerán unha degustación popular gratuíta de melindres, ricos e amendoados.

Pazo de Quián , s/nº - Sergude 15881 Boqueixón - A Coruña. Tel: +34 981 511 566 - Fax: +34 981 511 934